Casas, Balbina V.

Profesora de teoría de xogos na Universidade de Santiago de Compostela.
Doutora en matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, de cuxo Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización é profesora titular dende 1999. Impartiu diversas materias de teoría de xogos e de investigación operativa nos Graos de Matemáticas e Informática, no Máster en Técnicas Estatísticas e no Doutoramento en Estatística e Investigación Operativa. As súas principais liñas de investigación son a teoría de xogos, a elección social e a investigación operativa.