Vandevelde, Karen

Asesora Senior de políticas no Departamento de Asuntos de Investigación na Universidade de Gante dende 2006.
A súa carreira céntrase no fortalecemento dunha cultura de calidade na investigación e o desenvolvemento dunha estratexia de recursos humanos para os investigadores. Tamén está estreitamente involucrada no centro de investigación ECOOM (Centre for R+D Monitoring), comisionado polo Goberno flamenco para mapear as taxas de éxito de doutoramento, as carreiras de doutoramento e a mobilidade dos investigadores. Participou en varios grupos de expertos e reunións da Comisión Europea, o OCDE e o Goberno flamenco para a elaboración de recomendacións e políticas, desenvolvendo ferramentas de monitoreo relacionadas coas carreiras dos investigadores.

Graduada pola Universidade de Gante (Bélxica, 1995) obtivo un Grao de Mestría (1996) e un Doutoramento en Artes (2001) da Universidade Nacional de Irlanda, Galway. Ensinou literatura e teatro e levou a cabo unha investigación adicional a nivel postdoctoral en Irlanda e en Bélxica.