CARA Á EXCELENCIA CIENTÍFICA E O LIDERADO INTERNACIONAL

Programa formativo en xestión estratéxica e operativa de centros de investigación de excelencia

DESCARGAR FOLLETO INFORMATIVO

Unha iniciativa pioneira

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, en colaboración con Feuga, pon en marcha os programas GESCI (Xestión Estratéxica de Centros de Investigación) e GOSCI (Xestión Operativa en Centros de Investigación).

Un proxecto formativo de alto nivel, dirixido ao persoal investigador co que se pretende impulsar a competitividade, a excelencia e a mellora continua nos centros de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de mellorar a súa eficiencia e lograr cada vez fitos de maior impacto científico e tecnolóxico.

Gesci Dirección

XESTIÓN ESTRATÉXICA DE CENTROS DE INVESTIGACIÓN

Un programa único que responde ás necesidades actuais e futuras do director/a de centro de investigación e que lle permitirá obter unha visión 360º da súa organización.

Gosci Xestión

XESTIÓN OPERATIVA EN CENTROS DE INVESTIGACIÓN

Un programa imprescindible para os xestores/as de centros de investigación co que conseguirán optimizar os resultados da súa xestión e orientarse definitivamente cara a mellora continua.

¿A quen está dirixido?

Centros con acreditación en excelencia e recoñecemento como membros da Rede CIGUS
Centros con recoñecemento de centros de investigación colaborativos (na senda da excelencia)
OPIs, centros tecnolóxicos e CSIC
Campus de especialización oficialmente acreditados Universidades do SUG

Panel docente

En GESCI e GOSCI contaremos cun panel docente, nacional e internacional, integrado por profesionais excepcionais cuxo talento, coñecemento e experiencia directiva lles fai ser referentes nas súas áreas de especialidade.

O proxecto tamén inclúe

Un servicio de asesoramento que pretenden incrementar o valor desta iniciativa, á vez que favorecer e potenciar os seus resultados.

Este servizo de asesoramento pretende facilitar e acelerar os procesos de cambio particulares de cada centro e reforzar os aspectos fundamentais da avaliación institucional e científica, críticos para avanzar cara a excelencia.

O asesoramento, correrá a cargo dunha comisión executiva integrada por varios expertos de referencia nas áreas claves da xestión estratéxica de centros.

Prestarase durante os 6 meses seguintes á formación e consistirá en 300 horas de asesoramento por curso académico que se distribuirán entre os centros de investigación participantes.

Para calquera dúbida ou consulta pode poñerse en contacto connosco