Unha iniciativa pioneira
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración con Feuga, pon en marcha os programas GESCI (Xestión Estratéxica de Centros e Unidades de Investigación) e GOSCI (Xestión Operativa en Centros e Unidades de Investigación).
Un proxecto formativo de alto nivel, dirixido ao persoal investigador co que se pretende impulsar a competitividade, a excelencia e a mellora continua nos centros de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de mellorar a súa eficiencia e lograr cada vez fitos de maior impacto científico e tecnolóxico.
Gesci Directores
XESTIÓN ESTRATÉXICA DE CENTROS E UNIDADES DE INVESTIGACIÓN
Un programa único que responde ás necesidades actuais e futuras do director de centro / unidade de investigación e que lle permitirá obter unha visión 360º da súa organización.
Gosci Xestores
XESTIÓN OPERATIVA EN CENTROS E UNIDADES DE INVESTIGACIÓN
Un programa imprescindible para os xestores de centros ou unidades de investigación co que conseguirán optimizar os resultados da súa xestión e orientarse definitivamente cara a mellora continua.
Panel docente
En GESCI e GOSCI contaremos cun panel docente, nacional e internacional, integrado por profesionais excepcionais cuxo talento, coñecemento e experiencia directiva lles fai ser referentes nas súas áreas de especialidade.
O proxecto tamén inclúe
Guías metodolóxicas
Co obxecto de apoiar metodolóxicamente a implantación de melloras en aspectos clave da xestión estratéxica de centros e unidades de investigación contémplase a elaboración dunha serie de guías metodolóxicas.
Temáticas previstas:
- Posta en marcha de centros de investigación
- Avaliación de centros de investigación
- Construción de marca e posicionamento de centros e institucións de investigación
- Recomendacións para a creación, composición e funcionamento do Scientific Advisory Board
- Desenvolvemento do talento
Asesoramento experto post-formación
Este servizo de asesoramento pretende facilitar e acelerar os procesos de cambio particulares de cada centro ou unidade e reforzar os aspectos fundamentais da avaliación institucional e científica, críticos para avanzar cara a excelencia.
O asesoramento, correrá a cargo dunha comisión executiva integrada por varios expertos de referencia nas áreas claves da xestión estratéxica de centros.
Prestarase durante os 6 meses seguintes á formación e consistirá en 300 horas de asesoramento por curso académico que se distribuirán entre os centros / unidades de investigación participantes.