A misión dun líder é preparar á súa organización para que poida asumir con éxito os retos que lle deparará o futuro.
O director de centro ou unidade de investigación debe ser capaz de xestionar e maximizar os recursos do seu centro ou área de coñecemento específica e de conducir, na contorna actual, á súa organización cara a un liderado internacional baseado na eficiencia, a responsabilidade e a excelencia científica.
GESCI é unha oportunidade única para levar a cabo este exercicio. Trátase dunha formación directiva de alto nivel que conxuga os trazos dun programa de xestión e dirección empresarial cos dun programa de desenvolvemento e adestramento directivo, que foi especificamente deseñada para os homes e mulleres vértice das organizacións de investigación.
Unha formación fundamental para:
- Afrontar os novos desafíos da contorna e a crecente competitividade internacional na captación de recursos, talento e oportunidades.
- Impulsar a modernización das institucións de investigación e a avaliación científica e institucional como mecanismos clave para a mellora continua.

Programa
- Estrutura organizativa de centros e institucións de investigación europeos e internacionais: RIKEN, CNRS, Max Planck, Fraunhofer, etc.
- Estrutura organizativa de centros e institucións de investigación nacionais
- A contorna nacional, europea e internacional de investigación. Cambios máis relevantes, perspectivas de futuro e novas oportunidades
- A estratexia no ámbito científico. A visión e a misión
- Establecendo obxectivos estratéxicos. Do diagnóstico da situación actual á formulación e implantación da estratexia
- O Cadro de Mando Integral (Balanced Scorecard). Utilidade, deseño, implantación e casuística de centros
- O seguimento e a avaliación científica
- Os órganos de goberno. Actores, roles e responsabilidades
- A organización interna. Dirección, estrutura científica e estrutura de xestión
- Transparencia
- Órganos asesores: Scientific Advisory Board (SAB) e Business Advisory Board (BAB)
- O marco normativo. Lexislación estatal e autonómica e regulación propia aplicable ás diferentes formas xurídicas que soportan a centros de investigación
- Excelencia e Responsible Research & Innovation (Investigación e Innovación Responsables)
- Fundamentos económico-financeiros. Planificación e xestión económica nun centro de investigación. Aspectos fiscais
- Fondos públicos competitivos. A contorna de financiamento autonómica, nacional e europea (especial referencia ás iniciativas ERC, SeO, ISCIII). Estruturas organizativas que optimizan a captación competitiva de fondos
- Fondos privados. Relacións con empresas e alianzas estratéxicas
- O fundraising no ámbito da I+D+i. Estratexias de comunicación e mercadotecnia
- Atracción e retención do talento
- Desenvolvemento da carreira científica e investigadora
- Avaliación de seguemento e avaliación site visit en HRS4R
- Produción científica e a súa análise bibliométrica. Aplicación práctica
- Habilidades directivas estratéxicas. A xestión de conflitos nos centros de investigación
- Comunicación e divulgación científica. Estratexias para fomentar a divulgación científica
- Open Access e Open Data
- Valorización, protección e explotación dos resultados de investigación
- Equilibrio de xénero e multiculturalidade
- Avaliación da produtividade das unidades administrativas
- Xestión da integridade científica
- Workshop SCIENTIFIC AN INSTITUCIONAL ASSESSMENT (8 horas)
- Sesións maxistrais (6 horas)
Aquí podes descargar o noso programa completo
Información de interese
Xestión Estratéxica de Centros e Unidades de Investigación (GESCI)
Data
Inicio 23/10/2020
Fin 14/04/2021
Fin 14/04/2021
Horarios
Habitualmente venres tarde e algún mércores tarde
Modalidade
Mixta: virtual e presencial (sempre que sexa factible)
Idioma
Español / Inglés
Matrícula
INSCRICIÓN GRATUÍTA. Formación financiada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Prazas limitadas
25
Lugar de realización
Sede Feuga - Santiago de Compostela
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Vida. 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 534 180
Formulario de Inscrición
Data límite de inscrición 2/10/2020