Os xestores xogan un papel crucial na actividade dos centros e unidades de investigación
Calquera iniciativa de cambio ou mellora das institucións de I+D pasa inexcusablemente porque os xestores compartan a mesma linguaxe que a dirección e se aliñen e impliquen co cambio de rumbo da organización.
GOSCI é unha formación coa que se pretende promover a xestión do cambio necesaria para dar un salto de calidade significativo no Sistema Científico de Galicia. Nela traballaranse os contidos de GESCI desde unha perspectiva técnica, facendo especial fincapé nos aspectos relacionados co financiamento e a xestión.
Unha formación fundamental para:
- Impulsar a eficiencia e mellora continua dos centros/ unidades de investigación
- Contribuír desde a xestión á excelencia e o liderado científico-tecnolóxico das institucións de I+D+i.

Programa
- O sistema español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación. Descrición, oportunidades e limitacións
- Estrutura organizativa de centros e institucións de investigación nacionais
- Estrutura organizativa de centros e institucións de investigación europeos e internacionais: RIKEN, CNRS, Max Planck, Fraunhofer, etc.
- Principais programas de financiación a nivel internacional e europeo (Horizon Europe, Misións, MSCA,…)
- A estratexia no ámbito científico. A visión e a misión
- Do diagnóstico á formulación da estratexia. O plan de acción
- A implantación da estratexia. Comunicación interna e externa
- O Cadro de Mando Integral (Balanced Scorecard). Utilidade, deseño, implantación e casuística en centros
- Os órganos de goberno. Actores, roles e responsabilidades
- A organización interna. Dirección, estrutura científica e estrutura de xestión
- Órganos asesores: Scientific Advisory Board (SAB) e Business Advisory Board (BAB)
- Transparencia
- O marco normativo. Lexislación estatal e autonómica e regulación propia aplicable ás distintas formas xurídicas que soportan a centros de investigación
- Excelencia e Responsible Research & Innovation (Investigación e Innovación Responsables)
- Fundamentos económico-financeiros. Planificación e xestión económica nun centro de investigación. Aspectos fiscais
- Fundamentos económico-financeiros II. Obligacións económico-financeiras nun centro de investigación (presuposto público, contas anuais, auditorías) e como articular un Sistema Integrado de Xestión
- Fondos públicos competitivos. A contorna de financiamento autonómica, nacional e europea (especial referencia ás iniciativas ERC, SeO e ISCIII). Estruturas organizativas que optimizan a captación competitiva de fondos
- Fondos privados. Relacións con empresas e alianzas estratéxicas
- O fundraising no ámbito da I+D+i
- Desenvolvemento dunha estratexia institucional de frundaising. Estratexias de comunicación e mercadotecnia
- Recrutamento e selección
- Atracción e retención do talento.Convocatorias e programas de benvenida. Boas prácticas
- Avaliación de seguemento e avaliación site visit en HRS4R
- Desenvolvemento da carreira científica e investigadora
- Equilibrio de xénero e multiculturalidade. Estratexias para a consecución do equilibrio de xénero
- A avaliación de desempeño (individual versus grupos de investigación)
- Xestión de proxectos de investigación
- Xestión de plataformas e infraestruturas
- Xestión de proxectos de transferencia
- Protección da IP: patentes e outras formas de protección
- Xestión da integridade científica
- Política de calidade. Asegurando a calidade dos procesos e dos métodos de investigación. Documentación e verificación
- Comunicación e divulgación científica
- Produción científica e a súa análise bibliométrica: fontes de datos e metodoloxía
- Política de Open Access e Open Data
- Elaboración dun Plan de Xestión de Datos (DMP)
- Workshop CREACIÓN E XESTIÓN ADAPTATIVA DE EMPRESAS SPIN-OFFS: COMO SUPERAR AS PRIMEIRAS BARREIRAS (4 horas)
- Workshop LEAN STARTUP E EMPRENDEMENTO ÁXIL (4 horas)
- Workshop CREATIVIDADE: XERANDO PROPOSTAS DISRUPTIVAS PARA PROXECTOS (8 horas)
- Workshop EUROPEAN INNOVATION COUNCIL (EIC) (4 horas)
- Workshop AVALIACIÓN INSTITUCIONAL (4 horas)
- Workshop ESTRATEXIA DE RESEARCH IMPACT ASSESSMENT (RIA) (2 horas)
Aquí podes descargar o noso programa completo
Información de interese
Xestión Operativa en Centros e Unidades de Investigación (GOSCI)
Data
Inicio: 04/10/2019
Fin: 27/03/2020
Fin: 27/03/2020
Horarios
Venres mañá e tarde
Modalidade
Presencial
Idioma
Español
Inglés
Inglés
Matrícula
INSCRICIÓN GRATUÍTA. Formación financiada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Prazas limitadas
25
Lugar de realización
Sede Feuga - Santiago de Compostela
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Vida. 15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
981 534 180
Formulario de Inscrición
Data límite de inscrición 24/09/2019