O Dr. Toshiyasu ICHIOKA, será o relator convidado no acto inaugural da 2ª edición do Programa Formativo en Xestión Estratéxica e Operativa de Centros e Unidades de Investigación de Excelencia, que terá lugar o próximo 8 de novembro ás 12:30 horas.
Toshiyasu ICHIOKA é actualmente o director da oficina europea de RIKEN, a institución de investigación integral máis grande de Xapón.
RIKEN é unha das institucións de investigación máis avanzadas do mundo, recoñecida pola investigación de alta calidade que realiza nunha amplia gama de disciplinas científicas, liderando a investigación en investigación básica e aplicada no ámbito da física, bioloxía, medicina e saúde e enxeñaría.
O Dr. Ichioka compartirá cos participantes ao evento coñecementos de boas prácticas na gobernanza e xestión excelente dunha institución de investigación, salientará a importancia de ampliar a colaboración con novos socios e de formar alianzas a nivel internacional para obter maior visibilidade ante unha audiencia internacional.
Toshiyasu ICHIOKA é doutor en ciencias multidisciplinarias de Física pola Universidade de Tokio.
Como investigador iniciou a súa carreira profesional no centro RIKEN en Xapón, de 1998 ata o 2000. Tamén foi investigador convidado no Instituto Max Planck de Física Nuclear de 2004 a 2007, e nese mesmo ano 2007 foi investigador experimentado Marie-Curie na Universidad de Letonia.
Compaxinou a actividade investigadora coa docencia, sendo profesor na Universidade de Aarhus de 2001 a 2004 e na Universidade de Niigata de 2013 a 2018.
Así mesmo, foi xerente de proxectos de investigación na Universidade Pompeu Fabra de 2008 a 2009 e no Centro para a Industria UE-Xapón de 2010 a 2015. Desempeñou o papel de estratega senior na Axencia de Ciencia e Tecnoloxía de Xapón de 2015 a 2018.
No ano 2018 comezou a súa labor de representación de RIKEN en Europa, co obxectivo de promover a cooperación con socios europeos, incrementar as oportunidades de investigación colaborativa e obter maior visibilidade en Europa.