Os xestores xogan un papel crucial na actividade dos centros de investigación
Calquera iniciativa de cambio ou mellora das institucións de I+D pasa inexcusablemente porque os xestores/as compartan a mesma linguaxe que a dirección e se aliñen e impliquen co cambio de rumbo da organización.
GOSCI é unha formación coa que se pretende promover a xestión do cambio necesaria para dar un salto de calidade significativo no Sistema Científico de Galicia. Nela traballaranse os contidos de GESCI desde unha perspectiva técnica, facendo especial fincapé nos aspectos relacionados co financiamento e a xestión.
Unha formación fundamental para:
- Optimizar a xestión interna e aliñar as súas organizacións cos estándares internacionais.
- Contribuír desde a súa área de actividade á excelencia e liderado científico-tecnolóxico das súas institucións.
Programa
- Estrutura organizativa de centros e institucións de investigación europeos e internacionais: RIKEN, CNRS, Max Planck, Fraunhofer, etc.
- Estrutura organizativa de centros e institucións de investigación nacionais (CSIC)
- Sistema de investigación IMDEA
- Sistema de investigación vasco
- A contorna europea de investigación. Cambios máis relevantes, perspectivas de futuro e novas oportunidades
- Principais programas de financiamento a nivel internacional e europeo (Horizon Europe, Misións, MSCA,…)
- A estratexia no ámbito científico. A visión e a misión
- Establecendo obxectivos estratéxicos. Do diagnóstico da situación actual á formulación e implantación da estratexia
- O Cadro de Mando Integral (Balanced Scorecard). Utilidade, deseño, implantación e casuística en centros
- Os órganos de goberno. Actores, roles e responsabilidades
- A organización interna. Dirección, estrutura científica e estrutura de xestión
- Órganos asesores: Scientific Advisory Board (SAB) e Business Advisory Board (BAB)
- Transparencia
- O marco normativo. Lexislación estatal e autonómica e regulación propia aplicable ás distintas formas xurídicas que soportan a centros de investigación
- Retos da xestión dos centros de investigación interuniversitarios
- Excelencia e Responsible Research & Innovation (Investigación e Innovación Responsables)
- Fundamentos económico-financeiros. Planificación e xestión económica nun centro de investigación. Aspectos fiscais
- Fundamentos económico-financeiros II. Obrigas económico-financeiras nun centro de investigación (presuposto público, contas anuais, auditorías) e como articular un Sistema Integrado de Xestión
- Fondos públicos competitivos. A contorna de financiamento autonómica, nacional e europea (especial referencia ás iniciativas ERC, SeO e ISCIII). Estruturas organizativas que optimizan a captación competitiva de fondos
- O fundraising no ámbito da I+D+i
- Desenvolvemento dunha estratexia institucional de fundraising. Estratexias de comunicación e mercadotecnia
- Fondos privados. Relacións con empresas e alianzas estratéxicas
- Atracción e retención do talento.Convocatorias e programas de benvida. Boas prácticas
- Recrutamento e selección
- Research Managers: recoñecemento, formación e mobilidade a nivel europeo
- The European competence framework for researchers (ResearchComp)
- O novo Charter de investigadores
- Equilibrio de xénero e multiculturalidade
- A avaliación do desempeño (individual versus grupos de investigación)
- Xestión de proxectos de investigación
- Xestión de plataformas tecnolóxicas e infraestruturas
- Xestión de proxectos de transferencia
- Protección da IP: patentes e outras formas de protección
- Comunicación e divulgación científica
- Políticas de calidade como instrumento na mellora do funcionamento dos organismos de investigación
- Produción científica e a súa análise bibliométrica: fontes de datos e metodoloxía
- Elaboración dun Plan de Xestión de Datos (DMP)
- Política de Open Access e Open Data
- Xestión da integridade científica
- Creación e xestión de empresas spin-off. Reflexións e aprendizaxes (4 horas)
- European Innovation Council – EIC (4 horas)
- Estratexia de Research Impact Assessment – RIA (4horas)
- Creatividade: como xerar propostas innovadoras para proxectos (8 horas)
- Avaliación institucional (4 horas)
- Coalition for Advancing Research Assessment: CoARA (2 horas)
- Fondos Feder (4 horas)
- IA aplicada á redacción de proxectos (4 horas)
Información de interese
Xestión Operativa en Centros de Investigación (GOSCI)
Fin: 11/04/2025
Inglés
Lugar de realización
Formulario de Inscrición
Data límite de inscrición 2/10/2024