O acto de clausura da 2ª edición do Programa Formativo en Xestión Estratéxica e Operativa de Centros e Unidades de Investigación de Excelencia (GESCI&GOSCI) tivo lugar o pasado día 30 de xuño no Salón de Convencións do Edificio CINC na Cidade da Cultura.
O evento contou coa presenza da Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar Tojo acompañada polo Director Xeral de Feuga, Javier Pereiro Pérez que deron inicio ao acto. Tamén estivo presente a Subdirectora Xeral de promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria, Mª Jesús Tallón Nieto.
Javier Pereiro, despois de dar a benvida aos asistentes, puxo en valor os rasgos que definen o programa que é pioneiro a nivel nacional, e introduxo aos relatores do evento: Lluís Rovira, Director académico do programa e Director da Red CERCA de Cataluña e Daniel Zajfman, conferenciante invitado e expresidente do Instituto de Ciencia Weizmann (WIS).
O primeiro de eles fixo un balance xeral do desenvolvemento da edición 2019/20 do programa formativo GESCI&GOSCI e deu paso ao relator invitado que centrou a súa intervención nas boas prácticas de xestión nun centro de investigación e nos retos que conleva a innovación fronte a ciencia básica.
A continuación, celebrouse un diálogo entre Rovira y Zajfman baseado nas preguntas formuladas polos asistente ao evento e nas que se abordaron aspectos como a estratexia do WIS para a atracción de talento en investigación, o equilibrio necesario entre a orientación institucional e investigación e os intereses particulares dos científicos e investigadores, así como os principais mecanismos para impulsar dende as institucións gubernamentais e universitarias a investigación básica.
O acto estivo clausurado por Carmen Pomar, que puxo en valor o carácter estratéxico que ten esta iniciativa para a Xunta de Galicia para elevar os niveis de excelencia e de posicionamento dos centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia.