CEO no Instituto de Recerca de Vall d’Hebron (VHIR) e director científico de EATRIS España 2009.
Compaxina as súas actividades científicas como IP do grupo de sinalización celular e apoptosis coas de xestión do centro, que aglutina toda a investigación biomédica e de innovación realizada no Hospital Universitario Vall d’Hebron en Barcelona, o máis grande de Cataluña. Foi vicerreitor de investigación, terceiro ciclo e novas tecnoloxías da UdL (1995-2000), director da Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva do Goberno de España (2004-2005), director xeral da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) do Goberno de España (2005-2006), director xeral da Fundació Catalá per a Recerca i Innovació, FCRI da Generalitat de Cataluña (2007-2009) e director do Institut de Neurociències da UAB (2007-2009).
Licenciado e Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Barcelona (UB). Tamén realizou formación en xestión na Universidade Politécnica de Cataluña e en IESE – Universidade de Navarra.
Catedrático de Histología da UdL desde 2002 e da UAB desde 2007.