Guerra, Luis

Delegado Español no Comité EIC de Horizonte Europa e Punto Nacional de Contacto. Dirección de Políticas de Innovación de CDTI.
Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Doutor Enxeñeiro industrial con máis de 20 anos de experiencia no ámbito da I+D+i a nivel europeo, tanto desde o punto de vista da investigación como da xestión. Empezou escribindo propostas e executando proxectos de investigación colaborativos do VI Programa Marco de I+D+i no ámbito da seguridade pasiva de vehículos. Ao principio do VII Programa Marco de I+D+i (2007) cambiou a investigación pola xestión e comezou a traballar en CDTI como Punto nacional de contacto e Delegado Español no programa en beneficio das PEME. Desde entón, VII PM (2007-2014), Horizonte 2020 (2014-2020) e Horizonte Europa (2021-2027), o seu labor consistiu en negociar coa Comisión Europea e o resto dos países os programas de traballo destes instrumentos para PEME e facilitar o acceso aos mesmos, informando e asesorando, ás startups e spin-offs tecnolóxicas españolas que se queren presentan.

Neste tempo en CDTI non deixou de escribir propostas e executar accións de coordinación e apoio europeas (9 en total, 2 como coordinador). Tamén acompañou a empresas españolas nos seus proceso de presentación aos programas do EIC (i.e. acompañamento plug-in ou welcome space español do EIC), e a deseñar e testar, antes de despregar, programas nacionais de axuda para elas (i.e. simulacros de entrevistas ou convocatoria de Selo de Excelencia Nacional).

Doutor Enxeñeiro Industrial (Especialidade Enxeñería Mecánica) Universidade Politécnica de Madrid.