Consultor médico do Departamento de Saúde Internacional do Hospital Clínic de Barcelona e profesor asociado da Universidade de Barcelona.
Actualmente tamén é codirector do Máster de Saúde Global da Universidade de Barcelona. Codirector da Rede de Saúde para Todos da iniciativa SDSN + e presidente electo da Rede Europea de Institutos de Investigación en Saúde Global (EGHRIN). É membro de varios consellos consultivos no ámbito da saúde pública e a investigación en saúde, e asesor de varias administracións públicas en España durante a pandemia de COVID-19.
Foi director xeneral do Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal) desde 2014 ata 2023. De 2012 a 2014, foi Director Técnico do Centro de Investigación en Saúde Internacional de Barcelona. De 2004 a 2011, foi Director Xeneral de Saúde Pública da Generalitat de Catalunya, onde participou activamente no deseño da Lei de Saúde Pública de Cataluña, e na creación tanto da Axencia de Saúde Pública de Cataluña como da Axencia de Saúde Pública de Barcelona.
A súa actividade profesional céntrase principalmente na epidemioloxía e a saúde pública, combinando a práctica, a investigación, a formación e a xestión, cunha ampla perspectiva biolóxica, social e ambiental da saúde e os seus determinantes.
Plasencia licenciouse en Medicina (MD) pola Universidade de Barcelona en 1981 e ten un Ph.D. pola Universidade Autónoma de Barcelona (1996). Obtivo un Máster en Saúde Pública pola Universidade de Yale (EE. UU. 1986), como bolseiro Fullbright-”la Caixa”.