Head of Data Management at Barcelona Supercomputing Center.
Desde setembro 2018 lidera o grupo de Data Management no Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación, e coordina as actividades do Centro nos proxectos EOSC-hub e EOSC-synergy. Ademais colabora directamente co Centro de Excelencia en Solid Earth Science (ChEESE), co nodo españolo de ELIXIR e coa Rede Española de Supercomputación.
No 2008 incorporouse ao Port d’Informació Científica (PIC, Barcelona) como liaison científica no centro de datos, responsable tanto das operacións de transferencias de datos, como das de redución de imaxes, ademais do almacenamento e distribución de resultados para os proxectos de cosmoloxía do centro.
Ten unha especialización en Big Data, obtida pola Universidade de San Diego (6 cursos en Coursera), e experiencia como Data Scientist.
É membro do Executive Board de EUDAT CDI e representa España como alternate no EOSC Governing Board.
Doutora en Física pola Universidade Técnica de Munich (TUM), cun traballo de investigación en Astrofísica de Partículas realizado no Max-Planck-Institut für Physik de Munich (Alemaña).