Bertero, Michela

Responsable de asuntos internacionais e científicos no Centro de Regulación Xenómica (CRG) de Barcelona.
Conta con máis de 10 anos de experiencia profesional en diferentes campos da xestión da investigación (estratexia, financiamento, colaboración, formación, política científica, etc.).
A misión do seu departamento é fortalecer a dimensión internacional e interdisciplinaria do Instituto e crear novas oportunidades para a comunidade científica. Nos últimos anos estivo coordinando as actividades científicas do programa de excelencia Severo Ochoa. Na actualidade, coordina tamén o proxecto H2020 Orion en Open Science.

Michela obtivo o seu Doutoramento en Xenética da Universidade de Pavía (Italia), seguida de 6 anos de experiencia postdoctoral en bioloxía estrutural e molecular na Universidade de British Columbia en Vancouver (Canadá), e no Centro de Xenes en Munich (Alemaña).