Principios fundamentais na captación e xestión do talento

Emiliá Pola, docente dos programas formativos GESCI& GOSCI, é o director executivo de ICREA, unha institución con 20 anos de historia especificamente creada para a captación e retención de talento científico.

Non hai fórmulas predeterminadas para captar o mellor talento, pero como moitas outras cousas, se se fai ben resulta obvio. Partindo desta premisa Emiliá comparte connosco unhas reflexións sobre captación e xestión de talento baseadas na súa experiencia, que se pode resumir en tres principios fundamentais.

1. O talento é inesgotable e está moi ben repartido polo mundo. Estas características do talento aplican tamén ao ámbito científico no que, ademais, a diversidade e mobilidade son fontes adicionais de ideas e innovación. De aquí vén o noso primeiro consello: non hai que limitarse a unha zona xeográfica nin a ningunha tipoloxía de persoa a priori.

Deste principio derívanse aplicacións prácticas nos nosos procesos de selección como as que seguen:

  • Os candidatos sempre son “passport independent”, de maneira que a nacionalidade das persoas non se ten en conta.
  • A composición do panel de selección sempre é o máis diverso posible. A graza dun bo panel de selección é que cada un leva rumbos diferentes e os resultados que acaban emerxendo son máis sólidos e ricos que calquera decisión individual.

2. Recrutar xente mellor que nós. Non hai que ter medo a elevar a calidade global. Sempre apuntar máis arriba que a última vez. E se nos din que non, non pasa nada. De feito, se nunca nos din que non, é que somos pouco ambiciosos! As persoas que dirixen unha organización deben poñer o éxito da organización por diante da súa propia ambición persoal. Sen isto non hai estratexia que valla.

3. Como dicía  Groucho Marx, “I refuse to join any club that would have me as a member”. Case sempre pasará que as persoas que máis nos encaixan non son as máis interesadas en vir ao noso centro… Non se trata de filtrar senón de ir de caza!  E desde logo, non hai que supoñer que o talento coñece o noso sistema e as nosas costumes: fagámolo fácil para a xente que vén de fóra. Un bo sistema de captación debe eliminar barreiras, non crealas.

Espero que estas ideas vos axuden a pensar a vosa estratexia de captación. Como dicía ao principio, se se fai ben vese e nótase!