O profesor Daniel Zajfman, expresidente do Instituto de Ciencia Weizmann, relator invitado ao acto de clausura da 2ª edición do Programa Formativo GESCI&GOSCI

O profesor e físico Daniel Zajfman estará como relator invitado o próximo 30 de xuño no acto de clausura da 2ª edición do Programa en Xestión Estratéxica e Operativa de Centros e Unidades de Investigación de Excelencia (GESCI&GOSCI). A súa intervención centrarase nas boas prácticas de xestión nun centro de investigación e nos retos que conleva a innovación fronte á ciencia básica.

Daniel Zajfman uniuse ao Departamento de Física de Partículas do Instituto de Ciencia Weizmann no 1991 e no 2006 foi elixido o seu décimo, e máis novo presidente, cargo que ostentou ata decembro de 2019. O Instituto Weizmann é unha das institución máis relevantes a nivel mundial no que a investigación e ciencia de vangarda se refire.

Baixo o seu liderado, o Instituto potenciou as súas características de centro de referencia internacional priorizando os altos estándares de excelencia cos que conta. A súa direción foi fundamental para a inversión de importantes fondos no desenvolvemento das infraestructuras do Instituto.

Na súa traxectoria profesional ocupou outros postos de xerencia, entre os máis recentes: dende 2015 é Presidente do Davidson Institute of Science Education e dende 2020 é o Presidente da Xunta Académica da Fundación de Ciencias de Israel. No 2001 foi tamén membro externo do Instituto Max Planck de Física Nuclear en Heidelberg, Alemania, e do 2005 ao 2006, foi o seu director.

Entre os seus diversos premios atópanse: Premio Guttwirth (1984), Premio Levinson en Física Experimental (1999), Premio Emilio Segre (2000), Conferencia del Premio Minerva (2003), Comandante da “Orden de Leopoldo” (Bélxica) (2012) e tamén é Membro da Academia de Artes e Ciencias (2019).

O profesor Zajfman recibiu un PhD en Física Atómica do Technion no 1989 e pasou a realizar a súa investigación postdoctoral no Laboratorio Nacional Argonne de Illinois. Zajfman é tamén titular da Cátedra de Astrfísica Simon Weinstock.