Felipe Criado e Diego Peña, alumnos de GESCI&GOSCI, lideran dous dos proxectos gañadores da convocatoria Synergy Grant 2020

Destaca a presenza galega en 2 dos 7 proxectos gañadores a nivel nacional.

O Consello Europeo de Investigación (ERC nas súas siglas en inglés) anunciou o día de onte os 34 proxectos gañadores da convocatoria Synergy Grant 2020, que recibirán ao redor de 350 millóns de euros.

Esta convocatoria ten como obxectivo abordar problemas científicos excepcionalmente complexos reunindo a investigadores destacados e aos seus equipos para que poidan traballar de forma conxunta en proxectos de 6 anos de duración e unha dotación de 10 millóns de euros.

A convocatoria Syngergy Grant 2020, que pechou fai un ano, foi unha das máis competitivas da historia, recibindo 44 propostas. Entre as 34 iniciativas gañadoras, que involucran a un total de 116 investigadores, sobresae a participación en dúas delas de investigadores galegos, alumnos do programa formativo GESCI&GOSCI:

  • Felipe Criado-Boado, investigador da Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) e alumno actualmente de GESCI, lidera o proxecto XSCAPE Material Minds: Exploring the Interactions between Predictive Brains, Cultural Artifacts, and Embodied Visual Search.
  • Diego Peña, que formou parte da primera convocatoria de GESCI, é investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) na Universidade de Santiago de Compostela colidera o proxecto ModIDAM Single Molecular Devices by Atomic Manipulation.

Nesta convocatoria tamén resultou beneficiario Fernando Cossio, investigador da Universidade do País Vasco e director científico de IKERBASQUE, relator invitado do programa na súa primeira edición.

¡Desde o equipo de GESCI trasladámoslles aos tres a nosa máis sincera felicitación!