Balbuena, Eduardo

Profesor e Investigador da Facultad de Economía e Empresa da Universidad Autónoma de Barcelona.
Está especializado en procesos de innovación e transferencia de coñecemento, así como en estratexia empresarial e desenvolvemento económico. É ademais asesor técnico de entidades como CERCA, La Caixa, I2CAT ou a Generalitat de Cataluña.

Na súa experiencia profesional inclúense 12 anos como investigador en Química da Saúde e Biomedicina, na Universidade de Londres, o CSIC, o IDIBELL e Harlan Laboratories, e profesor da Facultade de Medicina da Universidade de Barcelona (UB).
Desde hai 15 anos, dedícase á xestión e avaliación da R+D+I, entre outras, como director de proxectos e responsable de innovación na UB, o Hospital do Vall d’Hebron e a Secretaría de Universidades e Investigación da Generalitat de Cataluña. Director de innovación na Fundación Catalá para a Investigación e a Innovación. Ademais profesor da Facultade de Economía e Empresa da Universidade Pompeu Fabra.

Licenciado e Doutoramento en Química (Fisiopatología Médica) pola Universidade de Barcelona, conta tamén cun Máster en Biotecnoloxía, un Máster en Administración e Dirección de Empresas e un Programa Avanzado de Dirección Empresarial por IESE.