Carnie, Chris

Co- fundador de Factary. Experto en Fundraising.
Chris é investigador, consultor e formador, especializado en filantropía e captación de fondos para organizacións sen ánimo de lucro. Traballou no terceiro sector dende 1980, como captador de fondos en UK. Desempeñou funcións como investigador en House of Commons 1982-84, traballando para os dereitos de persoas con discapacidade. En 1990 cofundou Factary, a primeira axencia de captación de fondos para a investigación en Europa.

Actualmente é consultor, traballando con ONGs internacionais en programas de filantropía e grandes doantes (“doantes estratéxicos”). Ten experiencia de filantropía e captación de fondos en Europa, América Latina, África e os Emiratos Árabes.

Chris estivo involucrado no desenvolvemento da filantropía en Europa desde o 2000 a través das asociacións de entidades filantrópicas (Impact Europe, Philea e outras), e as asociacións de fundraising (é socio de honra do Chartered Institute of Fundraising, e socio desde 2003 da Asociación Española de Fundraising).

É docente en masterclasses de fundraising, co-creador do curso online “Fundraising with Major Donors in Europe”, e docente en captación de fondos nun Master da Universidade de Barcelona. Chris é autor de “How Philanthropy is Changing in Europe” e doutros libros, artigos e blogs sobre fundraising.

Estudou BSc Hons na Universidade de Southampton.