Labastida, Ignasi

Responsable da Oficina de Difusión do Coñecemento no CRAI (Centro de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación) da Universidade de Barcelona.
Tamén dirixe a Unidade de Apoio á Investigación. Vicepresidente do Board de SPARC Europe e membro do Steering Committee do grupo de Políticas en Información e Acceso Aberto da LERU. Participou en múltiples eventos sobre licenzas abertas, acceso aberto, xestión de datos e ciencia aberta, temas sobre os cales tamén ten diversas publicacións.

Doutor en Física pola Universidade de Barcelona.