Ley, Victoria

Xefa da División de Coordinación, Avaliación e Seguimento Científico e Técnico na Axencia Estatal de Investigación (AEI).
Xestiona a avaliación e supervisión de todos os programas e convocatorias da AEI. Exerceu como investigadora no campo da viroloxía ata o ano 2003, no que se incorporou á Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva (ANEP), sendo directora desde 2005 ata 2012. En 2013, inicia unha nova liña de traballo no ámbito da saúde no deporte, en particular no ámbito da actividade física e a súa asociación con enfermidades crónicas.

Doutora en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid, realizou a súa tese doutoral no Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa e estancias posdoctorais no New York University Medical Center (New York, USA, 1986-1989) e no Institute Pasteur (Paris, Francia, 1989-1991).