Director de Impacto Social Santander Universidades e experto en transferencia de tecnoloxía.
Dispón dunha dilatada experiencia como experto en transferencia de tecnoloxía e xestión da ciencia, traballando como consultor para relevantes centros de investigación de Cataluña, Galicia e Madrid, así como para outras institucións vinculadas ao mundo da investigación en España, México, Chile e Colombia. Foi vicepresidente da Asociación Española de Fundacións e director da Fundación Barrié, desde a que impulsou, entre outros temas, unha intensa actividade de apoio á carreira científica e a transferencia de tecnoloxía, destacando o lanzamento e xestión dun dos primeiros fondos de proba de concepto do noso país (Fondo de Ciencia). Anteriormente ocupou outros postos relacionados coa transferencia de tecnoloxía (FEUGA, Fundación Empresa Universidad Gallega) e o capital risco especializado en empresas de base tecnolóxica (UNIRISCO, UNINVEST e Fondo Emprende).
Participou en programas de formación relacionados coa en xestión estratéxica e liderado social no IESE e é profesor habitual do Máster de Banca e Finanzas da Universidade de Santiago de Compostela.
Licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela.