Malagrida, Rosina

Responsable do “Living Lab de Saúde” en IrsiCaixa.
Promove iniciativas enfocadas á transformación do sistema de I+D+i para facelo máis aberto, inclusivo e transdisciplinar. Facilita a colaboración de diferentes actores sociais no campo da investigación e a educación en saúde baixo o paraugas da Investigación e a Innovación Responsables (RRI). Compaxina estas iniciativas coa investigación e a docencia que imparte en cursos de grao e posgrao da Universidade de Barcelona e a UOC, así como en cursos que ofrece noutros centros de investigación, universidades e axencias de financiamento. É coordinadora do portal europeo educativo Xplore Health e investigadora principal dos proxectos europeos EnRRICH, Inspires, Fit4Food e CRISH.

Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Barcelona, Máster en Comunicación Científica polo Imperial College London, cunha bolsa da Obra Social “la Caixa”, e Posgrao en Dirección Estratéxica da Comunicación por ESADE.