Puy, Ana

Directora desde 2014 da Unidade de Mulleres e Ciencia (UMyC) no Gabinete da Secretaría de Estado de Universidades Investigación, Desenvolvemento e Innovación, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

Profesora Titular de Psicoloxía Social na Universidade de La Laguna (ULL) e integrante do Instituto Universitario de Estudos das Mulleres desta universidade, foi a primeira Directora da Unidade de Igualdade de Xénero da ULL (2010-2014). É a delegada española no Grupo de Traballo Permanente sobre Xénero en Investigación e Innovación (antes Grupo Helsinqui) que asesora ao Comité para o Espazo Europeo de Investigación (ERAC) no Consello da Unión Europea. Ademais, é membro da Plataforma Europea de Mulleres Científicas (EPWS) e da Asociación Española de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT). Participou activamente na rede ERA-Net GENDER-NET 2013-2016 e tamén actualmente en tres proxectos de Horizonte 2020: dúas accións de coordinación e apoio sobre política de xénero e ciencia, GENDERACTION 2017-2021 e SUPERA 2018-2022, ademais da ERA-Net Cofund GENDER-NET Plus 2017-2022.

Doutora en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid.