Antó, Josep María

Director científico en Isglobal (Instituto de Saúde Global de Barcelona).
Dende 1988 forma parte do Instituto Municipal de Investigación Médica (IMIM-IMAS) onde foi coordinador da Unidade de Investigación Respiratoria e Ambiental. Desde o ano 1998 é profesor da Universidade Pompeu Fabra, profesor titular ata o 2001 e na actualidade catedrático de Medicina, foi vicerreitor de política científica do 2002 ao 2004. En 1994 foi “Principal Visiting Fellow” do “National Heart and Lung Institute” (Londres, GB).
A súa principal área de investigación céntrase na epidemiología da asma e a enfermidade pulmonar obstructiva crónica, con especial interese nos determinantes ambientais e a prevención destas enfermidades.

Licenciado en Medicina en 1975 e Doutor en Medicina 1990 (investigacións epidemiolóxicas de epidemias de asma, Premio extraordinario) pola Universidade de Barcelona.