Dierssen, Mara

Directora do grupo de Neurobioloxía Celular e de Sistemas do programa de Bioloxía de Sistemas no Centro de Regulación Xenómica (CRG) de Barcelona. Experta en Política de Xénero.
É unha experta mundial no campo da neurobioloxía e a farmacoloxía e as súas contribucións publicáronse en máis de 150 revistas internacionais. Tamén é membro do comité editorial de diversas revistas científicas. É presidenta da Trisomy 21 Research Society, presidiu a Sociedade Española de Neurociencia (SENC) así como a International Behavioral of Neural Genetics Society e foi membro do comité executivo da Federación Europea de Sociedades de Neurociencia (FENS). Exerce como avaliadora de diferentes comités científicos como a Axencia Nacional de Avaliación, o Ministerio de Economía e Competitividade ou en paneis de expertos da Unión Europea.

Doutora en Medicina (1985), obtivo o seu Doutoramento en Neurobioloxía pola Universidade de Cantabria en 1989.