Puigdomenech, Pere

Profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
Despois dunha estancia no Instituto Max-Planck de Berlín, ingresou no CSIC en 1981. Traballou no Instituto de Bioloxía Molecular de Barcelona do que foi director ata o 2002. Foi director do Centro de Investigacións en Agrigenómica (CSIC-IRTA-UAB-UB) de Barcelona entre 2003 e 2013. É membro do Consello Científico do CNRS francés, do Grupo de traballo de Ética e Ciencia de ALLEA e do Comité de Ética de INRA-CIRAD-IFREMER. Membro do Institut d´Estudis Catalans (do que preside a Sección de Ciencias Biolóxicas desde 2017), da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona, da Academia Europea, de EMBO, e membro estranxeiro de varias Academias europeas.
Recibiu a Medalla Narcís Monturiol ao mérito científico e tecnolóxico da Generalitat de Cataluña (1992), o premio da Fundació Catalá per a Recerca (2000), o premio da COSCE de divulgación científica (2013) e o premio Vicent Andrés e Estellés de Narrativa Científica (2006).

Licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Barcelona e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Autónoma de Barcelona.